viernes, 21 de enero de 2022

 Blog dos alumnos de 1º de Primaria 

do colexio de O Corgo. 

Venres, 21 de Xaneiro de 2022.

Hola a tod@s !... 

En primeiro lugar aproveito para desexarvos un bo ano 2022 ! 

Comezamos este segundo trimestre traballando xa os contidos correspondentes ó mesmo. O traballo levado a cabo no primeiro foi moi bo pero temos que seguir avanzando na lectura de textos para chegar a ter un bo dominio ó comezo do terceiro trimestre (máis ou menos sobre o mes de abril).

Sería bo que os nenos comezasen a leer pequenos contos en casa. Se recibiron algún libro de agasallo nestas datas podedes intentar que o comecen a leer ou pola tarde, ou antes de acostarse ou senón durante o fin de semana (5-10 minutos chegan). Tede en conta que canto máis traballen a lectura, mellor leerán...

Comezamos o trimestre traballando tamén a súa motricidade, e especialmente o que chamamos a motricidade fina... cómo suxetan o lápis, como escriben as letras e cómo moven os dedos e as mans para facer diferentes actividades...

En clase utilizamos principalmente cancións que lles fan mover diferentes partes do seu corpo (as mans, brazos, pernas...). Se lles preguntades, pode que se lembren dalguna delas.

A continuación van uns enlaces a algúns dos xogos coma os que traballamos de vez en cando na última sesión do día e que lles axudan a mellorar dun xeito lúdico (xogando) fundamentalmente a lecto-escritura.

https://clic.xtec.cat/projects/ev/jclic.js/index.html 

https://clic.xtec.cat/projects/leo_lee/jclic.js/index.html 

 Un saúdo e bo fin de semana !

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  Blog dos alumnos de 1º de Primaria  do colexio de O Corgo.  Venres, 21 de Xaneiro de 2022. Hola a tod@s !...  En primeiro lugar aproveito ...